De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Texmin, S.L. a Resolución do 3 de novembro de 2014, da directora xeral de Emprego e Formación, ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.
«Número de censo: 15H00229.
Texmin, S.L., estrada de Cedeira, km 1,7, 15407 Narón, A Coruña.
Logo de examinar a inscrición da entidade Texmin, S.L. no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.
Supostos de feito.
Primeiro. A entidade Texmin, S.L. encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, co número 15H00229, nas especialidades formativas seguintes:
Código de especialidade |
Descrición |
Alta homologación |
TCPF30 |
Maquinista de confección industrial |
18.2.2000 |
Segundo. Por parte da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña, o 19 de febreiro de 2014 e o 24 de marzo de 2014, xustificante de recepción do 25.3.2014, requiriuse á entidade Texmin, S.L., para os efectos de comprobar o cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente para manter a condición de
centro/entidade inscrito ou acreditado no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, a documentación prevista nos artigos 5 e 6 do Decreto 106/2011, informándoa de que, en caso de non achegar a documentación requirida, se proporá a súa baixa no antedito rexistro.
Terceiro. A entidade Texmin, S.L. non presentou a documentación requirida.
Cuarto. En cumprimento do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 106/2011, o 15 de outubro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña propón a revogación da inscrición do centro.
Fundamentos de dereito.
Primeiro. A competencia para resolver o presente expediente correspóndelle á directora xeral de Emprego e Formación, de conformidade co establecido no artigo 6.3) e artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio.
Segundo. A disposición transitoria primeira do Decreto 106/2011, do 19 de maio, dispón que os centros e entidades de formación inscritos no Censo de centros colaboradores de formación ocupacional da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en virtude do Decreto 158/2001, quedarán inscritos e, se é o caso, acreditados, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación naquelas especialidades formativas en que estean homologados, e que disporán dun prazo de dous anos para adaptar as súas instalacións aos requisitos establecidos no artigo 30 da Orde TAS 718/2008, do 7 de marzo. Así mesmo, establece que, transcorrido o devandito prazo de dous anos sen adaptarse á antedita normativa, causarán baixa automaticamente.
Revisado o expediente, compróbase que Texmin, S.L. non acreditou o cumprimento dos requisitos para a inscrición e acreditación dos centros e entidades de formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, do número de censo 15H00229.
Terceiro. Tendo en conta que na tramitación do expediente se observaron as normas que para o efecto se establecen no Decreto 106/2011, do 19 de maio, e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Logo de ver o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, modificada pola Orde ESS/1726/2012, do 2 de agosto, pola que se desenvolve o antedito real decreto, o Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e a demais normativa de xeral aplicación,
RESOLVO:
Dar de baixa a entidade Texmin, S.L., número 15H00229, do Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.
Notifíquese aos interesados a presente resolución para o seu coñecemento e efectos oportunos.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Traballo e Benestar no termo dun mes contado desde a súa notificación, de acordo co establecido no artigo 114, seguintes e concordantes, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro)».
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2014
Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación