Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 2015 Páx. 1981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo para a xestión integral de residuos con risco sanitario, clases III e IV, durante os anos 2014 a 2017 (expediente 4/2014).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a xestión integral de residuos con risco sanitario, clases III e IV, durante os anos 2014 a 2017.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21113

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 3 de setembro de 2014, BOE do 23 de setembro de 2014 e DOG núm. 183, do 25 de setembro de 2014.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 273.009 €. IVE (10 %): 27.300,90 €. Importe total: 300.309,90 €.

Valor estimado: 428.410,80 euros (sen IVE), incluídas posibles modificacións e prórro-ga.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 13 de novembro de 2014.

b) Adxudicataria: Hixiene´s, S.L.

c) Importe: 195.906,40 € (sen IVE).

IVE 10%: 19.590,64 €.

Importe total: 215.497,04 €.

d) Data de formalización do contrato: 11 de decembro de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración (mellor oferta económica).

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2014

Mª Isabel Concheiro Rodríguez Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar