Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 2015 Páx. 1914

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (616/2014).

Luis Diego Espino Hernández, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, fai saber que no presente procedemento de xuízo verbal nº 616/2014, seguido por instancia de Aktiv Kapital Portfolio AS, Oslo, sucursal en Zug fronte a Carlos Alberto Pellitta Quiroga, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza.

Xuíza que a dita: Ana Araceli Muñoz Martín

Lugar: Vigo

Data: 10 de decembro de 2014

Demandante: Aktiv Kapital Portfolio AS

Avogado: Jordi Bosch Viñas

Procuradora: Rosa Marquina Tesouro

Demandado: Carlos Alberto Pellitta Quiroga

Avogado/a:

Procurador/a:

Procedemento: xuízo verbal 616/2014-I

Resolución estimando integramente a demanda interposta por Aktiv Kapital Portfolio AS, Oslo, sucursal en Zug, fronte a Carlos Alberto Pellitta Quiroga, debo condenar e condeno a este a aboar á parte demandante a cantidade de 1.499,33 euros máis os xuros legais, así como ao pagamento das custas.

Advirto as partes que contra esta sentenza non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

(segue sinatura maxistrada xuíza).

E encontrándose o demandado, Carlos Alberto Pellitta Quiroga, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 15 de decembro de 2014

O secretario xudicial