Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 2015 Páx. 2019

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de información pública sobre a apertura dunha estación de servizo na estrada de Soutoxuste.

A empresa Estación de Servicio El Mural, S.L., representada por Francisco de Asís Barros López, solicitou licenza de apertura para o desenvolvemento de actividade de estación de servizo que se instalará na estrada de Soutoxuste, p.q. 135,600, CN-550 (marxe esquerda)-O Viso-Redondela (Pontevedra). De conformidade co disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública polo prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no último diario oficial en que se publique (Diario Oficial de Galicia ou Boletín Oficial da provincia).

Redondela, 28 de novembro de 2014

Javier Bas Corugeira
Alcalde