1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Augas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
c) Tipo de contrato: obra.
d) Obtención de documentación e información.
1º Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:
– Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación del sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web: http://augas.cmati.xunta.es/
– Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira, nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27. Fax: 981 95 74 03/881 99 96 94 e correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es
– A copistaría Copybelén, na rúa Rosalía de Castro, nº 29-31 (Galerías Belén), Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono 981 59 99 24 e fax 981 59 47 30.
2º Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
2. Obxecto do contrato.
– Descrición e lugar de execución: saneamento no núcleo rural de Requeixo. Lourenzá (Lugo).
Número de expediente: OH.327.606.
Orzamento base de licitación: importe neto: 251.866,79 euros. Importe total: 304.758,82 euros.
Prazo de execución (meses): catro.
Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: acreditarase de conformidade co establecido no punto 5 deste anuncio. O licitador poderá acreditar a solvencia exixida e queda eximido da presentación e xustificación desta coa achega das clasificacións como empresa contratista de obras do grupo E, subgrupo 1, categoría c).
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada de gasto.
b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.
c) Criterios de adxudicación: os criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.
4. Garantías exixidas.
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.
5. Requisitos específicos do contratista.
– Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: a solvencia acreditarase polos medios establecidos nos artigos 75.1.a) e c) e 76.a) do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, nos termos que se expresan na cláusula 6.1.4.1 do prego de cláusulas administrativas particulares, coa posibilidade de acreditar a dita solvencia mediante a xustificación da clasificación substitutiva desta indicada.
As empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea non clasificadas en España deberán acreditar a solvencia nos termos que se expresan no parágrafo anterior.
6. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: 12 de febreiro de 2015.
b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego. O procedemento é documentalmente simplificado en relación coa documentación que se vai presentar no sobre A.
c) Lugar de presentación: no Rexistro de Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira, 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre B.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
7. Apertura das ofertas.
a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración do sobre A, relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, e do sobre B, cos elementos da oferta valorables de forma automática mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.
b) Enderezo, localidade e código postal: Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira, nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).
c) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 25 de febreiro de 2015, ás 9.00 horas.
8. Gastos de publicidade: serán por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.
9. Outras informacións.
– Cofinanciamento da Unión Europea: o obxecto do contrato indicado no punto 2 anterior está cofinanciado polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: medio ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos. Tema prioritario ou medida 46: tratamento de augas residuais. Actuación 3.46.2: mellora, ampliación e optimización das redes de colectores de saneamento e pluviais existentes, así como de emisarios. «Unha maneira de facer Europa».
– CPA e CPV (codificación do obxecto do contrato): as indicadas no cadro de características do contrato.
– Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.
– Melloras e modificacións previstas: admítense melloras e prevese no contrato a posibilidade da súa eventual modificación á baixa nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.
– A apertura e valoración das ofertas do sobre B: realizarase na data, na hora e no lugar sinalados neste anuncio. No caso de que for necesario modificar algún aspecto do acto sinalado, notificaráselles esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.
– Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A e B, así como da adxudicación e formalización do contrato, faranse públicas no perfil do contratante.
– Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.
– Expediente anticipado de gasto: esta contratación está suxeita á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas que dela derivan no exercicio correspondente.
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2014
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia
