Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 2015 Páx. 2243

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle número 2 do Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico de Baiona (PEPCHAB).

O Pleno desta corporación, en sesión ordinaria do 22 de decembro de 2014, aprobou definitivamente o estudo de detalle nº 2 do Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico de Baiona (PEPCHAB) promovido por Baiona 2001, Promociones Inmobiliarias, redactado polo arquitecto Luis Méndez Cinto con data de visado do COAG do 16.5.2012 e modificacións posteriores do 21.3.2014 e 9.10.2014.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Baiona, 23 de decembro de 2014

Jesús Vázquez Almuíña
Alcalde