Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2015 Páx. 3405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 17 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de explotación Ampliación Santa Cecilia número 5685.2, do concello de Foz, promovido por Pizarras Vega, S.L. (clave 2014/0018).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 22 de outubro de 2014 relativo ao proxecto de explotación Ampliación Santa Cecilia nº 5685.2, no concello de Foz (Lugo), promovido por Pizarras Vega, S.L.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental