Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2015 Páx. 3399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 8 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución ditada na reclamación de responsabilidade patrimonial devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente RP/09/00175).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución ditada na reclamación de responsabilidade patrimonial devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, a interesada dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.

Fáiselle saber que contra a devandita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia da interesada, se é o caso; sen prexuízo de que, con carácter previo e potestativo, poida presentar recurso de reposición ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación.

Interesada: UTE Sarria (Constructora Hispánica, S.A. e Obras y Construcciones Cortizo, S.L.); expediente: RP/09/00175; tipo de resolución: estimatoria.

E para que conste e lle sirva de notificación a interesada, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas