Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2015 Páx. 3377

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, subscrita no exercicio 2014.

Encomenda de xestión dun servizo de transporte aos centros públicos competencia da Secretaría Xeral de Política Social da Consellería de Traballo e Benestar, onde se dispensen servizos de atención residencial e diúrna.

– Actividade. Servizo consistente no deseño de rutas e traslado dos usuarios designados pola Consellería de Traballo e Benestar aos centros públicos de atención a persoas maiores de Volta do Castro, As Gándaras e Burela, así como aos centros de atención a persoas con discapacidade do Saiar, Redondela, Sarria e A Coruña, para o desenvolvemento das actividades propias dos centros.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intrasubxectiva, tendo en conta a adscrición do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar a Consellería de Traballo e Benestar por razón da materia. Consonte o previsto polos artigos 47 e 95 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico, e para os efectos previstos nos artigos 4.1.n) e 24.6 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten a consideración de medio propio e servizo técnico da Consellería de Traballo e Benestar.

– Prazo de vixencia. O período de execución comeza o 1 de xaneiro de 2015 e rematará o 31 de decembro de 2015.

– Modalidade de financiamento. Esta encomenda finánciase con fondos propios.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2014

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar