Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2015 Páx. 3391

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (256/2014).

Execución de títulos xudiciais 256/2014

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 48/2013

Sobre: ordinario

Demandante: María del Carmen Canedo Traba

Avogado: Manuel López Núñez

Demandadas: APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 256/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Canedo Traba contra APV Motor, S.A., Millarent, S.L., sobre ordinario, se ditou decreto en data 30 de decembro de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva

Acordo: acumular a presente execución número 256/2014 á seguida nesta oficina xudicial co número 234/2013.

Lévese testemuño do presente á execución de razón e o orixinal ao libro correspondente de decretos.

Notifíqueselles ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de revisión que se interporá ante quen dita esta resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

Así o acordo e asino.

A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2014

A secretaria xudicial