Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2015 Páx. 3426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2015 pola que se modifica a Resolución do 7 de xaneiro de 2015 pola que se anuncia a licitación para a contratación, a través dun acordo marco cun único empresario, para a prestación do servizo da estratexia e compra de medios para a campaña de promoción dos recursos naturais e culturais de Galicia durante 2015, licitado polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, suxeito a regulación harmonizada, mediante tramitación anticipada, cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014/2020 (PI 6.32).

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 10, do 16 de xaneiro de 2015, cómpre realizar a oportuna corrección:

Na páxina 2475, no número 8, Presentación de ofertas, onde di: «Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «Data límite de presentación de propostas: 16 de febreiro de 2015».

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia