Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2015 Páx. 3443

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, con procedemento aberto, para o alleamento, con destino á súa reciclaxe, dos residuos de papel-cartón recollidos polo Servizo de Augas e Medio Ambiente.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, do alleamento, con destino á súa reciclaxe, dos residuos de papel-cartón recollidos polo Servizo de Augas e Medio Ambiente da Deputación Provincial de Ourense. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e os demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso nº 32, ou por teléfono: 988 31 75 40, fax: 988 31 75 02 ou na páxina web da Deputación www.depourense.es

Ourense, 23 de decembro de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense