Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2015 Páx. 4410

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a adquisición dun sistema GC/MS de cromatografía de gases con detector de masas (expediente 16/14).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratacion.

2º. Enderezo: Edificio da Xerencia e Servizos Centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4º. Teléfono: 986 81 37 67.

5º. Telefax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 16/14.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: sistema GC/MS de cromatografía de gases con detector de masas.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: Facultade de Química no Campus das Lagoas-Marcosende.

2º. Localidade e código postal, Vigo, 36310.

e) Prazo de entrega: 20 días.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 38300000-8 y CPA: 32.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1º. Calidade do equipo: 45 puntos.

2º. Redución do importe de licitación: 45 puntos.

3º. Ampliación de garantía: 5 puntos.

4º. Melloras: 5 puntos, de acordo coa folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 82.577 €.

5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto 82.577 € + 17.341,17 € de IVE que vai a soportar.

6. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel 3, sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Enderezo: Edificio da Xerencia e Servizos Centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4º. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do Edificio da Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas, Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.000 euros.

11. Outras informacións: Feder proyecto de referencia: UNVI08-1E-004, axuda correspondente ás liñas de actuacións en infraestrutura científico-tecnolóxica do Plan nacional de investigación científica, desenvolvemento e innovación tecnolóxica 2008-2011 e ao Programa nacional de infraestruturas científico-tecnolóxicas convocadas polo Ministerio de Ciencia e Innovación, mediante as ordes PRE/660/2008, do 7 de marzo e PRE1083/2008, do 11 de abril, baixo a modalidade combinada de anticipo reembolsable (Feder 70 %). Data límite de xustificación dos fondos: 31 de decembro de 2015.

Vigo, 21 de xaneiro de 2015.

P.D. (Resolución 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo