Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2015, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se somete a información pública o expediente de solicitude de autorización de colaboración estable nos contratos de xestión dos servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral VAC-046 (Irún-Tui) e V-7069; XG-443 (A Coruña-Lugo-Viveiro, con anexos).

Ao abeiro do establecido nos artigos 90, 90 bis e 91 do Regulamento da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, iniciouse o trámite da solicitude de autorización de colaboración estable dos seguintes contratos:

VAC-046 (Irún-Tui) e V-7069; XG-443 (A Coruña-Lugo -Viveiro,con anexos).

Contratistas: Interurbana de Autocares, S.A. e Arriva Noroeste, S.L.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade da Coruña (rúa Alcalde Pérez Ardá, 4), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo mobilidade.coruña@xunta.es.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2015

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña