Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4827

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de transporte do persoal sanitario en diversos puntos de atención continuada (PAC) (expediente AB-EIO1-14-005).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos, Sección de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Sección de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: Casetas de Administración, rúa Ramón Puga, nº 54.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Teléfono: 988 38 57 02.

5º. Telefax: 881 54 70 69.

6º. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-EIO1-14-005.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de transporte do persoal sanitario en diversos puntos de atención continuada (PAC), dependentes de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

c) División por lotes e número de lotes: si, nove (9) lotes.

d) Lugar de execución: ver cláusula 2.1.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución: dous (2) anos.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 60100000-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver número 6.5. do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 742.220,54 euros. Valor estimado por lotes. Lote 1: 68.395,39 euros. Lote 2: 92.791,30 euros. Lote 3: 48.986,50 euros. Lote 4: 107.782,27 euros. Lote 5: 79.422,72 euros. Lote 6: 53.439,36 euros. Lote 7: 199.300,60 euros. Lote 8: 48.971,52 euros. Lote 9: 43.130,88 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 356.836,80 euros. Importe total: 392.520,48 euros.

Lote 1: Importe neto: 32.882,40 euros. Importe total: 36.170,64 euros.

Lote 2: Importe neto: 44.611,20 euros. Importe total: 49.072,32 euros.

Lote 3: Importe neto: 23.551,20 euros. Importe total: 25.906,32 euros.

Lote 4: Importe neto: 51.818,40 euros. Importe total: 57.000,24 euros.

Lote 5: Importe neto: 38.184,00 euros. Importe total: 42.002,40 euros.

Lote 6: Importe neto: 25.692,00 euros. Importe total: 28.261,20 euros.

Lote 7: Importe neto: 95.817,60 euros. Importe total: 105.399,36 euros.

Lote 8: Importe neto: 23.544,00 euros. Importe total: 25.898,40 euros.

Lote 9: Importe neto: 20.736,00 euros. Importe total: 22.809,60 euros.

6. Garantías exixidas:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusulas 5.3.1., letra g) e letra h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 18 de febreiro de 2015.

Se o último día de presentación ou envío de ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

2º. Enderezo: Edificio Santa María Nai, planta 3, rúa Ramón Puga, nº 56.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Enderezo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: a data e hora de realización das mesas de apertura dos sobres B e C (acto público) publicarase no perfil do contratante (http://www.sergas.es).

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/s adxudicatario/s. O importe máximo estimado indícase no punto 3.4. do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 13 de xaneiro de 2015.

12. Outras informacións:

a) Publicación anterior: anuncio de información previa DOUE 2014/S 138-247831, do 22 de xullo de 2014.

Ourense, 13 de xaneiro de 2015

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín y O Barco de Valdeorras