Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2015 Páx. 5026

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 28 de xaneiro de 2015 pola que se modifica a Orde do 14 de agosto de 2014 pola que se regulan o acceso e a admisión aos ciclos de formación profesional básica e se autoriza a súa oferta para o curso 2014/15.

No Diario oficial de Galicia número 161, do 26 de agosto, publicouse a Orde do 14 de agosto de 2014 pola que se regulan o acceso e a admisión aos ciclos de formación profesional básica e se autoriza a súa oferta para o curso 2014/15.

Esta orde ten por obxecto regular o acceso e a admisión aos ciclos formativos da formación profesional básica en centros públicos e privados coas ensinanzas concertadas do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, e autorizar a súa oferta en centros públicos para o curso académico 2014/15.

Os ciclos de formación profesional básica, conforme a programación da oferta de prazas destas ensinanzas, serán implantados nos centros que determine a consellería con competencias en materia de educación.

Tendo en conta a organización e a nova planificación da formación profesional básica, resulta necesario modificar esta orde de xeito parcial.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, facendo uso das competencias que lle confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPÓN:

Artigo único.

Modificar a Orde do 14 de agosto de 2014 pola que se regula o acceso e a admisión aos ciclos formativos de formación profesional básica e se autoriza a súa oferta para o curso 2014/15, modificando a oferta do anexo V nos seguintes casos:

– O ciclo formativo BTMV01-Mantemento de vehículos que se oferta no centro educativo 15024513-CIFP Someso e que tiña como centro asociado o 15005579-IES Plurilingüe Elviña, terá como centro asociado o 15027770-IES A Sardiñeira.

– O ciclo formativo BTMV01-Mantemento de vehículos que se oferta no centro educativo 15014556-CIFP Coroso e que tiña como centro asociado o 15014568-IES nº 1 terá como centros asociados o 15014568-IES nº 1 e o 15027711-IES Leliadoura.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento e execución

Autorízanse a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, e a Secretaría Xeral Técnica, para adoptaren as medidas precisas para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2015

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria