Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2015 Páx. 5118

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rianxo

ANUNCIO de ampliación do prazo de exposición pública e audiencia do Plan xeral de ordenación municipal.

En sesión plenaria do 29.1.2015 adoptouse o acordo de ampliación do prazo de exposición pública e audiencia do Plan xeral de ordenación municipal nun mes máis.

Sendo o prazo legal de dous meses desde o seguinte ao da publicación da aprobación inicial, e tendo lugar esta no DOG do 3.12.2014, o prazo de exposición publica, audiencia e presentación de alegacións ao Plan xeral de ordenación municipal amplíase ata o 3.3.2015.

Rianxo, 30 de xaneiro de 2015

Adolfo Muíños Sánchez
Alcalde