Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2015 Páx. 5115

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barbadás

ANUNCIO para a contratación administrativa especial consistente na explotación do bar-cafetaría da piscina municipal de Barbadás.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Barbadás.

2. Obxecto do contrato: contratación administrativa especial consistente na explotación do bar-cafetaría da piscina municipal de Barbadás.

3. Tramitación ordinaria: procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación: 300 € mensuais (impostos incluídos).

5. Garantía provisional: non existe.

6. Garantía definitiva: establécese a tanto alzado no importe de 4.000 euros.

7. Obtención de información: Concello de Barbadás, Cimadevila, 1, Barbadás, 32890. Teléfono: 988 36 00 00.

8. Presentación das ofertas: quince (15) días naturais desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP ou no DOG (en caso de producirse a publicación en días diferentes o prazo comezará a computar desde a última publicación).

9. Lugar de presentación das proposicións: no Rexistro Xeral do Concello de Barbadás. Cimadevila, 1, Barbadás 32890 (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas. Cando a documentación se envíe por correo, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día.

10. Apertura de ofertas: seguinte día hábil (agás sábados) ao que remate o prazo de presentación de proposicións.

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

12. Páxina web: www.concellobarbadas.es (perfil do contratante).

Barbadás, 22 de decembro de 2014

José Manuel Freire Couto
Alcalde