Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5704

III. Outras disposicións

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2015 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no cuarto cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xullo) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación de convenios subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no cuarto cuadrimestre do ano 2014, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Vilaxoán, 28 de xaneiro de 2015

Mª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control
do Medio Mariño de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Tecnolóxico para
o Control do Medio Mariño de Galicia no cuarto cuadrimestre do ano 2014

Convenio

Importe

Data da sinatura

Convenio específico de colaboración entre o Instituto Español de Oceanografía (IEO) e a Comunidade Autónoma de Galicia (Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia) para o control de fitoplancto tóxico nas rías galegas

90.000,00 €

24.9.2014