Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2015 Páx. 5895

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2015 pola que se homologa un curso para guías turísticos de Galicia.

De acordo co disposto na Orde do 14 de abril de 2011 pola que se establecen os criterios e o procedemento para a homologación de cursos que realicen os guías de turismo especializados de Galicia para os efectos do disposto no artigo 33 do Decreto 42/2011, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxe, guías de turismo e turismo activo, esta dirección resolve a seguinte homologación:

• «A pegada do pasado: recursos arqueolóxicos visitables na provincia de Pontevedra», que se celebrará en Pontevedra os días 10, 11 e 12 de febreiro de 2015, cunha duración de 24 horas e organizado por EVINPA Ocio y Cultura Empresa de Servicios Turísticos-Visitas Guiadas, S.C.

(Información e inscrición: curso@guiadospontevedra.com)

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia