Faise pública a decisión do 12 de xaneiro de 2015 de non someter a modificación puntual número 14 do Plan xeral de ordenación municipal de Vigo, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, en cumprimento do disposto no artigo 4 da dita lei.
Esta decisión pódese consultar no seguinte enderezo da internet:
http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 1682/2014.
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2015
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
