De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que a xefa territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.
Son informadas de que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a directora xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.
En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade.
No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.
Ourense, 22 de xaneiro de 2015
Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense
ANEXO
|
Expediente Matrícula Denunciante |
Persoa sancionada DNI/CIF Último enderezo coñecido |
Infracción cometida Data; hora; estrada; p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
|
OU-00940-O-2014 5134-CZJ Garda Civil 3203 V46236Y |
Ttes. Urgentes Raca 2, S.L. B84670132 C Vicente Gaos 3, Port. 2 3 1 28000 Coslada, Madrid |
A realización de transportes públicos de mercadorías, así como a contratación como transportista ou a facturación en nome propio de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes ao da notificación do inicio do expediente. 14.4.2014; 10.20; A52; 160,0 |
Art. 142.1 LOTT |
Art. 143.1.c) LOTT |
301 euros |
