Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2015 Páx. 6089

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de prórroga da ultraactividade do II Convenio colectivo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo.

Visto o acordo subscrito pola comisión negociadora do II Convenio colectivo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo, o 22 de decembro de 2014, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social

Acta da reunión nº 27 da Comisión Negociadora do III Convenio
colectivo do PAS laboral da Universidade de Vigo

Asistentes:

Universidade de Vigo.

Xerente:

Manuel Fernández Jauregui.

Vicexerente de Recurso Humanos:

Emilio M. Martínez Rivas.

Xefe do Servizo de PAS:

José M. Fernández Viña.

Redacción da acta:

Rafael Ameneiro Bravo.

Representantes sindicais:

Federico Fernández Fernández (CIG).

Luis Pérez Gómez (CIG).

Carlos Mollinedo Lois (CIG).

Margarita Turnes Negreira (CC.OO.).

Marcos Estévez Orge (CC.OO.).

Ángel Torreiro Varela (UGT).

Acta da reunión nº 27 da Comisión Negociadora do III Convenio colectivo do PAS laboral da Universidade de Vigo celebrada ás 9.00 horas do día 22 de decembro de 2014 na sala de xuntas nº 1 do Edificio Xerencia/Servizos Centrais coa asistencia das persoas que se citan á marxe, e coa seguinte orde do día:

1. Acordo de prórroga temporal do segundo convenio colectivo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo.

1. Acordo de prórroga temporal do segundo convenio colectivo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo.

O xerente manifesta que non é vontade da Xerencia nin do equipo de goberno deixar o persoal sen convenio colectivo, polo que é o momento de acordar, se procede, a prórroga do segundo convenio colectivo e a súa duración se propón que sexa polo prazo dun ano.

Federico Fernández manifesta que o seu sindicato preferiría que se fixese unha prórroga por máis dun ano.

O xerente indica que por coherencia se propón prorrogar por un ano, como na anterior prórroga.

Ángel Torreiro manifesta que UGT non vai asinar a prórroga porque no seo da comisión paritaria se acordou unha modificación do convenio colectivo coa que UGT non está de acordo e asumir a prórroga suporía asumir esa modificación.

Luis Pérez indica que CIG asina a prórroga por maioría.

Acórdase prorrogar o vixente convenio ata a o 31 de decembro de 2015 e asínase o acordo que se xunta como anexo á presente acta. Sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 9.30 horas.