Logo de advertir erros no cadro de características do prego tipo de cláusulas administrativas particulares que rexe para a citada licitación e no anuncio publicado no DOG núm. 5, do 9 de xaneiro de 2015, corrección de erros publicada no DOG núm. 21, do 2 de febreiro de 2015,
DISPOÑO:
Primeiro. Realizar as correccións oportunas no texto do anuncio:
No punto 7, alínea a): onde di: «Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares», debe dicir: «Solvencia económica e financeira: non se exixe ao ser requisito indispensable a clasificación».
No punto 7, alínea b): onde di: «Solvencia técnica ou profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares», debe dicir: «Solvencia técnica ou profesional: non se exixe ao ser requisito indispensable a clasificación».
Engádese ao punto 7 a alínea d): «Clasificación exixible: grupo K, subgrupo 7, categoría c».
Segundo. Realizar as modificacións oportunas no cadro de características do prego tipo de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores poderán consultar o texto corrixido no enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21788
Terceiro. A publicación da presente corrección no Diario Oficial de Galicia modifica o prazo de presentación das ofertas, que rematará ás 14.00 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia. Se o día de remate do prazo for domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2015
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria
