En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10 f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG nº 133, do 12 de xullo), e no artigo 9 e) do Regulamento de réxime interno deste (DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola Confederación de Empresarios de Galicia o 20 de xaneiro de 2015,
DISPOÑO:
Artigo 1
Que cesen como membros titulares do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, as seguintes persoas:
– Juan Bautista de la Salle Barreiro Pérez
– Eugenio Geijo Carril
– Gabriel García Aparicio
– Francisco Serna Gómez
– Fausto Santamarina Fernández
– José Manuel Fernández Alvariño
Artigo 2
Que cesen como membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, as seguintes persoas:
– José Ramón Franco Caaveiro
– José Manuel Rodríguez Tarrío
– Araceli de Lucas Sanz
– José Manuel Maceira Blanco
– María de Miguel Pérez
– Ana García Caeiro
– Ángel Fernández Presas
Santiago de Compostela, catro de febreiro de dous mil quince
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
