Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 2015 Páx. 6277

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 14 de xaneiro de 2015 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos de traballo vacantes no Instituto Galego da Vivenda e Solo.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as empregados/as públicos que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, 15781 Santiago de Compostela), nas súas áreas provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán achegar coa solicitude un curriculum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada dos documentos acreditativos os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira sinalada no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar algún dos postos de traballo que se relacionan no anexo I desta orde un empregado público con destino noutras administracións, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servizos, e considerarase favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o preceptuado no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez tramitado o seu traslado a esta comunidade autónoma, procederase a adxudicarlle o posto para o cal foi seleccionado. Se no prazo de dous meses a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia o empregado público seleccionado non se pode incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e procederase de novo á súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e nela poderase, de considerarse oportuno, declararse deserto algún dos postos de traballo.

Sétimo. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se producirá na data que se determine mediante orde da persoa titular da consellería convocante publicada no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á comunidade autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

A persoa titular da consellería onde preste servizos o/a empregado/a público poderá, non obstante, diferir o cesamento por necesidades do servizo ata vinte días hábiles, o cal lle deberá ser comunicado á unidade a que sexa destinado o empregado público.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO I

Código do posto: MA.O11.00.001.15770.047.

Denominación: xefatura do Servizo de Réxime Xurídico e Inspección.

Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Vacante: si.

Nivel: 28.

Complemento específico: 13.698,72.

Tipo de posto: S.

Forma de provisión: LD.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: xeral.

Titulación académica: 2062 (licenciatura en Dereito).

Adscrición administracións públicas: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego).

Código do posto: MA.O11.00.002.15770.047.

Denominación: xefatura do Servizo de Planificación e Ordenación do Solo.

Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Vacante: si.

Nivel: 28.

Complemento específico: 13.698,72.

Tipo de posto: S.

Forma de provisión: LD.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: especial.

Titulación académica: 2001 (Arquitectura).

Adscrición administracións públicas: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

Código do posto: MA.O11.00.002.15770.020.

Denominación: xefatura do Servizo de Xestión de Investimentos e Apoio Administrativo.

Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Vacante: si.

Nivel: 28.

Complemento específico: 13.698,72.

Tipo de posto: S.

Forma de provisión: LD.

Subgrupo: A1-A2.

Corpo/escala: xeral.

Adscrición administracións públicas: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

Código do posto: MA.O11.00.001.15770.054.

Denominación: xefatura do Servizo de Xestión e Financiamento de Vivendas de Promoción Pública.

Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Vacante: si.

Nivel: 28.

Complemento específico: 13.698,72.

Tipo de posto: S.

Forma de provisión: LD.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: xeral.

Titulación académica: 2062 (licenciatura en Dereito).

Adscrición administracións públicas: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

missing image file