Mediante esta cédula, e debido a que as persoas relacionadas non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:
Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegaren no prazo de dez (10) días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 221/2012, do 31 de outubro (DOG núm. 222, do 21 de novembro), e no Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.
Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que teñen que presentar, deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario, teléfono 986 88 51 25.
Para que conste, lle sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.
Pontevedra, 31 de decembro de 2014
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés
ANEXO
|
Nome do/a doente |
DNI/NIF |
|
Domínguez Otero, Benito |
035284470D |
|
Mohri Cacheda, Rachid |
X07207958B |
|
Prieto García, Carlos |
035476769M |
|
Reyes Cal, Diana |
044087606X |
|
Romao de Azevedo Gamas, Antonio María |
X02278782B |
|
Dobarro Montero, Raquel |
044083040K |
|
Cotillo Mechan, Giancarla Danitza |
Y03320456Y |
|
Rodríguez Fernández, Manuel |
009908293P |
