Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 2015 Páx. 6306

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral de Universidades, polo que se notifica a resolución de desistencia de solicitude de varios expedientes en materia de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de desistencia da súa solicitude de axuda presentada no marco da Orde do 20 de marzo de 2014 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 2 de abril), que non puideron ser notificadas por correo certificado nos enderezos sinalados polos/as interesados/as na documentación que figura nos expedientes.

Os/as interesados/as poderán examinar os seus respectivos expedientes no Servizo de Apoio e Orientación aos Estudantes Universitarios da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 2º, Santiago de Compostela.

Este anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido dos/as interesados/as, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán os/as interesados/as interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2015

José Alberto Díez de Castro
Secretario xeral de Universidades

ANEXO

Nº de expediente: ED433A 2014/38.

Interesada: Isabel Insua Canosa.

Último enderezo coñecido: r/ Isaac Díaz Pardo, 3, 8º I 15008 A Coruña.

Nº de expediente: ED433A 2014/65.

Interesada: Paula Bastón García.

Último enderezo coñecido: r/ Fernández Ladreda, 3, 7º C 36003 Pontevedra.

Nº de expediente: ED433A 2014/108.

Interesado: Santiago Souto Suárez.

Último enderezo coñecido: r/ Francisco Rodríguez Otero, 6, 3º D 15011 A Coruña.

Nº de expediente: ED433A 2014/132.

Interesado: Pablo Outeda Marrero.

Último enderezo coñecido: r/ Cambria, 5, 3º B 36162 Pontevedra.