Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 2015 Páx. 6292

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (438/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 438/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gaspar Antom contra Patgaighe, S.L., Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmetal, S.L., Arcemei, S.L., Montaje e Ingeneiría Arce, S.L., Administración Concursal Montaje e Ingeneiría Arce, S.L., Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 2 da Coruña

Reforzo

Sentenza: 34/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: resolución de contrato 438/2014

Demandante: Gaspar Antom

Letrado: Sr. Díaz Pérez

Demandado:

– Montajes e Ingeniería Arce, S.L.: non comparece

Letrado:

– Administración concursal de Montajes e Ingeniería Arce, S.L.: non comparece

– Patgaighe, S.L., Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmental, S.L., Arcemei, S.L.: non comparecen

Fogasa

Letrado

Sentenza nº 34/2015

A Coruña, 20 de xaneiro de 2015

Resolvo.

1. Tense por desistido o demandante da acción de resolución contractual exercida neste procedemento.

2. Estimo a acción de reclamación de cantidade exercida por Gaspar Antom contra a empresa Montajes e Ingeneiría Arce, S.L. e condeno esta a pagar ao primeiro a suma de 6.886,36 euros en concepto de salarios debidos.

3. Desestimo a acción de reclamación de cantidade exercida por Gaspar Antom contra Patgaighe, S.L., Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmental, S.L., Arcemei, S.L., polo que son absoltas de todo pedimento dirixido contra elas.

4. A administración concursal da empresa Montajes e Ingeneiría Arce, S.L. e o Fogasa deberán pasar polo resolto nesta resolución.

Inscríbase nesta resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causas seus, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Patgaighe, S.L.; Veymarce, S.L.; Holding Argeo, S.L.; Inversiones Esculo, S.L.; Metálicas Esmetal, S.L., Arcemei, en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial