Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 8, do 14 de xaneiro de 2015, cómpre facer modificacións nalgúns puntos.
Artigo 1. Modificacións
1. Na páxina 1787, no artigo 4.i), onde di:
«Investimentos e actuacións con axudas financiadas con outros fondos que superen o 50 % de axuda total no caso de pequenas empresas e o 40 % de axuda total no caso de medianas empresas».
Debe dicir:
«Investimentos e actuacións con axudas financiadas con outros fondos que superen o 35 % de axuda total no caso de pequenas empresas e o 25 % de axuda total no caso de medianas empresas».
2. Na páxina 1787, no artigo 5.1, onde di:
«Os investimentos en bens de equipo, recollidos no artigo 2.2.a), terán unha subvención básica dun 30 %, que poderá incrementarse ata un máximo do 40 % dos gastos elixibles segundo os criterios indicados no anexo II.
Os investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial recollidos no artigo 2.2.b) subvencionaranse cunha axuda dun 40% dos gastos elixibles».
Debe dicir:
«Os investimentos en bens de equipo, recollidos no artigo 2.2.a), terán unha subvención básica dun 25 %, que poderá incrementarse ata un máximo do 35 % dos gastos elixibles segundo os criterios indicados no anexo II no caso de pequenas empresas. No caso de medianas empresas, a subvención será dun 25 %.
Os investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial recollidos no artigo 2.2.b) subvencionaranse cunha axuda dun 35 % dos gastos elixibles no caso de pequenas empresas e do 25 % no caso de medianas empresas».
3. Na páxina 1804, na disposición adicional primeira, onde di:
«As axudas serán compatibles con outras que non teñan fondos da Unión Europea ou da Administración xeral do Estado ata un máximo de subvención global do 50 % do custo do investimento no caso de pequenas empresas e ata o 40 % do custo do investimento no caso de medianas empresas».
Debe dicir:
«As axudas serán compatibles con outras que non teñan fondos da Unión Europea ou da Administración xeral do Estado ata un máximo de subvención global do 35 % do custo do investimento no caso de pequenas empresas e ata o 25 % do custo do investimento no caso de medianas empresas».
4. Na páxina 1807, no anexo I, na epígrafe “A persoa solicitante ou representante declara”, no punto 1, onde di:
«Declaro, así mesmo, coñecer a compatibilidade desta liña de axudas con outras ata un máximo do 50 % do custo do investimento no caso de pequenas empresas e ata un máximo do 40 % no caso de medianas empresas».
Debe dicir:
«Declaro, así mesmo, coñecer a compatibilidade desta liña de axudas con outras de fondos que non sexan da Unión Europea nin da Administración xeral do Estado ata un máximo do 35 % do custo do investimento no caso de pequenas empresas e ata un máximo do 25 % no caso de medianas empresas».
5. Na páxina 1824, no anexo X, onde di:
«Declara, así mesmo, coñecer a compatibilidade desta liña de axudas con outras de fondos que non sexan da Unión Europea nin da Administración xeral do Estado ata un máximo do 50 % do custo do investimento no caso de pequenas empresas e ata un máximo do 40 % no caso de medianas empresas».
Debe dicir:
«Declara, así mesmo, coñecer a compatibilidade desta liña de axudas con outras de fondos que non sexan da Unión Europea nin da Administración xeral do Estado ata un máximo do 35 % do custo do investimento no caso de pequenas empresas e ata un máximo do 25 % no caso de medianas empresas».
Artigo 2. Prazo de presentación de solicitudes
Esta corrección de erros non modifica o prazo de presentación de solicitudes.