Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 2015 Páx. 6868

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Pobra do Caramiñal (expediente IN407A 2014/101).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Nº de expediente: IN407A 2014/101.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMT e CTC polígono industrial da Tomada-fase II.

Situación: A Pobra do Caramiñal.

Características técnicas:

• Retirada dun tramo de 321 m de liña de media tensión aérea LMT PMR-805 (expediente 257/2003) comprendido entre o apoio existente nº 10/1 (expediente 163/2013) e o apoio nº 13 (expediente 257/2003), así como a retirada dos apoios nº 11, 12 e 13.

• Liña de media tensión subterránea a CT nº 1 proxectado, a 20 kV, cunha lonxitude de 316 m, con orixe en paso aéreo-subterráneo proxectado no apoio nº 10/1 (expediente 163/2013), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al), e final en cela de liña do CT nº 1 proxectado.

• Liña de media tensión subterránea a CT nº 2 proxectado, a 20 kV, cunha lonxitude de 273 m, con orixe en cela de liña do CT. nº 1 proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al), e final en cela de liña do CT nº 2 proxectado.

• Liña de media tensión subterránea a CT nº 3 proxectado, a 20 kV, cunha lonxitude de 142 m, con orixe en cela de liña do CT nº 2 proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al), e final en cela de liña do CT nº 3 proxectado.

• Liña de media tensión subterránea á liña de media tensión subterránea polígono da Tomada (expediente 257/03), a 20 kV, cunha lonxitude de 981 m, con orixe en cela de liña do CT nº 3 proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al), e final en arqueta proxectada na liña polígono da Tomada (expediente 257/03) entre o apoio nº 13 e o CT polígono da Tomada nº 4.

• Centro de tranformación prefabricado nº 1, cunha potencia de 630 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

• Centros de tranformación prefabricados nº 2 e nº 3, cunha potencia de 400 kVA cada un, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña