Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 2015 Páx. 6860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-302/14.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao titular do establecemento que se especifica no anexo, a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelle aos xefes territoriais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de conformidade co establecido no artigo 29.1.d) da Lei orgánica 1/1992, en relación co Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, e do Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución a órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos (DOG do 30 de setembro de 1996), e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

Infórmase que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante o instrutor, o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial, sita na avda. da Habana, 79-2º de Ourense.

Ourense, 28 de xaneiro de 2015

P.A.
Marisol Díaz Mouteira
Secretaria territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-302/14.

CIF: B-32424269.

Denunciada: Candelarios Vales, S.L.

Enderezo: rúa Abdón Blanco, 12 baixo, O Barco de Valdeorras (Ourense).

Establecemento: Bik Bok, rúa Abdón Blanco, 12 baixo, O Barco de Valdeorras (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 300 €.