Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 2015 Páx. 6915

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de información pública sobre almacén e venda de produtos e materiais de construción (expediente 2013000756).

Casas Grutemac, S.L., representada por Marcos Rodríguez Moledo, solicitou licenza de apertura para desenvolvemento de almacén e venda de produtos e materiais de construción que se situará na estrada de Redondela a Peinador, 32-34 B, Millarada-Vilar de Infesta-Redondela (Pontevedra). De conformidade co disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública polo prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no último diario oficial en que se publique (Diario Oficial de Galicia ou Boletín Oficial da provincia).

Redondela, 9 de xaneiro de 2015

Javier Bas Corugeira
Alcalde