Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 2015 Páx. 6906

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2015 pola que se anuncia a contratación do servizo consistente na análise, o deseño, o desenvolvemento e a implantación dun sistema de información corporativo de xestión de fondos europeos da Comunidade Autónoma de Galicia (Fondos 1420), cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo Social Europeo (FSE), mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Cixtec.

2º. Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

4º. Teléfono: 981 54 13 37.

5º. Telefax: 981 54 12 70.

6º. Enderezo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 2015-001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente na análise, o deseño, o desenvolvemento e a implantación dun sistema de información corporativo de xestión de fondos europeos da Comunidade Autónoma de Galicia (Fondos 1420), cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo Social Europeo (FSE), mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) Lugar de execución: o indicado no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: desde a formalización ata o 30 de novembro de 2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 72212000-4.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

d) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Financiamento.

Esta contratación está cofinanciada nun 80 % con fondos europeos (Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13, e con cargo ao Fondo Social Europeo (FSE). Así mesmo, con cargo á aplicación orzamentaria  06.A1.611A.640.0 do Cixtec.

5. Valor estimado do contrato.

Importe: 99.000 euros.

6. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 99.000 euros. Importe total: 119.790 euros.

7. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional (de ser o caso): a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas:

1º. Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

2º. Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.

b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: www.conselleriadefacenda.es/silex

2º. Documentación presentada en sobre pechado:

Dependencia: Rexistro Xeral do Cixtec.

Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Cixtec.

b) Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

Mesa pública: criterios cuantificables mediante xuízo de valor:

– Data: o quinto (5º) día hábil, contado a partir do seguinte ao de finalización da presentación de ofertas. Se ese día coincidir en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

– Hora: 10.00 horas.

Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:

– A data e hora anunciarase oportunamente no perfil de contratante e comunicaráselles aos licitadores.

11. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 euros por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2015

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable