Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 7028

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da subministración de vehículos, mediante arrendamento financeiro, para esta consellería.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 26/2014 SXT.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21136

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de vehículos mediante arrendamento (financeiro) para a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, distribuído en tres lotes:

Lote 1: mínimo 10 todoterreo.

Lote 2: mínimo 36 todoterreo tipo pick-up.

Lote 3: mínimo 10 turismos.

c) CPV (referencia de nomenclatura):

– Lote 1: 34113200-4.

– Lote 2: 34131000-4.

– Lote 3: 34111200-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 2.616.624,00 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 1.744.416,00 €. Importe total: 2.110.743,36 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: lotes 1, 2 e 3: 3.12.2014.

b) Data de formalización do contrato: lotes 1, 2 e 3: 20.1.2015.

c) Adxudicataria:

Lote 1: Empresa Monforte, S.A.

Lote 2: Empresa Monforte, S.A.

Lote 3: Empresa Monforte, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 1.729.104,00 €. Importe total con IVE: 2.092.215,84 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios de adxudicación recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Outras informacións: este contrato supón unha minoración no prezo medio por vehículo ao mes dun 11,63 % e unha redución económica do 2,60 % respecto do prezo de adxudicación do anterior contrato de arrendamento financeiro de vehículos do 2008.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas