Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 7045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a decisión de non someter a modificación puntual do Plan xeral do Porriño dos usos na normativa industrial, concello do Porriño, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica.

Faise pública a decisión do 28 de xaneiro de 2015 de non someter a modificación puntual do Plan xeral do Porriño, dos usos na normativa industrial, concello do Porriño, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006,
do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, en cumprimento do disposto no artigo 4 da devandita lei.

Esta decisión pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 1690/2014.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental