Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 7040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 7 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a planta de transformación metálica, ensamblaxe, cataforese e pintura en po que Marsan Transformaciones Superficiales, S.L. posúe no parque tecnolóxico e loxístico de Vigo, no concello de Vigo (Pontevedra) (clave 2014-IPPC-I-76).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– «Proxecto básico-rev. 01 para a solicitude da autorización ambiental integrada das instalacións de Marsan Transformaciones Superficiales, S.L. situadas no parque tecnológico e loxístico de Vigo (PTL), rúa B, parcela 10.09, Vigo. Data de emisión: 21 de agosto de 2014. Data de revisión: 18 de decembro de 2014».

– «Documento de síntese. Proxecto básico-rev. 01 para a solicitude da autorización ambiental integrada das instalacións de Marsan Transformacións Superficiales, S.L.».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coiden convenientes.

O citado documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, na Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2014-IPPC-I-76.

Peticionaria: Marsan Transformaciones Superficiales, S.L. (B-36722700).

Domicilio social e localización da instalación: parque tecnolóxico e loxístico de Vigo (PTL), rúa B, parcela 10.09.

Actividade: transformación metálica, ensamblaxe, cataforese e pintura en po.

Descrición: na planta realízanse os procesos industriais de electrosoldadura, estampaxe, aplicación de pintura en po e aplicación de pintura por cataforese (cuba de 29,4 m3) de pezas metálicas. Para a limpeza e acondicionamento destas pezas antes da aplicación de pintura, a instalación conta cun túnel de lavado por aspersión deseñado en 9 etapas, con recuperación dos baños mediante fervenza inversa. O túnel dispón de 9 cubas: cinco de lavado (en total 22 m3), dúas de desengraxamento (de 10 e 14 m3), unha de afinación (de 5 m3) e outra de fosfatación (de 14 m3).