Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 7054

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada CS e LMTS de evacuación da fotovoltaica Monte Sangal, no concello de Cerdedo, do cal é beneficiaria a empresa Compañía Fotovoltacia O Sangal, S.L. (expediente IN407A 2014/78-4).

A instalación denominada CS e LMTS de evacuación da fotovoltaica Monte Sangal, no concello de Cerdedo, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 14 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa Compañía Fotovoltaica O Sangal, S.L.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 25 de febreiro de 2015, a partir das 10.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Cerdedo.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida anticipación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nas súas leiras, e infórmase de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou dos cales se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 22 de xaneiro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

CS e LMTS de evacuación da fotovoltaica Monte Sangal

Cultivo

Representa

Nome e apelidos

Enderezo

CP-Concello

Gabia m2

Concello

1

Pasto arbustivo e forestal

Arturo Rey González

Comunidade de Montes

O Sangal

Rúa da Fonte de Brantes, 45

36130, Cerdedo

102,15

Cerdedo

2

Camiño rural

Concello de Cerdedo

Praza do Concello, 1

36130, Cerdedo

986,18

Cerdedo

3

Pasto arbustivo, improdutivo e forestal

Arturo Rey González

Comunidade de Montes

O Sangal

Rúa da Fonte de Brantes, 45

36130, Cerdedo

86,68

Cerdedo