Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 7073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2015 polo que se fai pública a rescisión do convenio de colaboración subscrito entre o Concello de Vilamarín e esta axencia.

O día 19 de febreiro de 2009 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG número 35) o convenio de adhesión do Concello de Vilamarín á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Mediante acordo plenario do 29 de setembro de 2014, o Concello acordou rescindir o convenio de adhesión e deu conta á Axencia da súa vontade.

De conformidade co establecido no artigo 12.1.a) e 2 dos estatutos da Axencia aprobados polo Decreto 213/2007, do 31 de outubro, a separación por vontade da Administración consorciada require o acordo previo do pleno da corporación e a súa comunicación por escrito ao Consello Executivo da Axencia.

O Consello Executivo dáse por notificado da vontade do Concello e ordena a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O que se certifica para os efectos da súa constancia no correspondente expediente, coa excepción do que resulte da aprobación definitiva da acta.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2015

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística