Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 7069

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 4 febreiro de 2015 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística do expediente LUG/177/2014-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida a súa destinataria.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 27 de outubro de 2014, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística polas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na instalación dunha vivenda prefabricada tipo Móbil Home de planta baixa e con cuberta a dúas augas e dunha construción de chapa metálica e cuberta a unha auga, que forman un conxunto cuxas características responden a unha tipoloxía propia dun uso residencial, situadas no lugar de Pozo do Asno, no termo municipal de Barreiros, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Purificación Fierros Carrera, en calidade de propietaria do terreo onde se levan a cabo as obras, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2015

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística