Procedimiento ordinario 644/2013 L
Sobre: ordinario
Demandante: Luciano Fernández Sabio
Avogado: Fernando José Méndez Sanjurjo
Demandados: Talleres Carral, S.L.U., administración concursal de Talleres Carral, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Tesouraría Xeral da Seguridade Social
María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:
Sentenza 40/2015.
A Coruña, 30 de decembro de 2014.
Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 644/2013, seguidos por instancia da comunidade hereditaria de Luciano Fernández Sabio, representada polo letrado José Méndez Sanjurjo, contra Talleres Carral, S.L., que non comparece, administración concursal representada polo letrado Juan Gómez Marcos, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, que tampouco comparecen, sobre recoñecemento de convenio especial coa Seguridade Social.
Decisión:
Que estimando a demanda formulada por Luciano Fernández Sabio contra Talleres Carral, S.L.U., administración concursal da anterior mercantil, Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, debo declarar e declaro o dereito do demandante a ser dado de alta no convenio especial coa Seguridade Social reclamado, e condeno as demandadas a estar e pasar por esta declaración.
Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe interpor recurso de suplicación, no prazo de cinco días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde a súa notificación e conforme os artigos 188 e seguintes da LPL, pasados os cales a sentenza quedará firme en dereito e se procederá ao seu arquivamento.
Así, por esta a miña sentenza, que pronuncio, mando e asino.
Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Talleres Carral, S.L.U., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, salvo as que revistan a forma de emprazamento, sentenzas e autos.
A Coruña, 30 de xaneiro de 2015
A secretaria xudicial
