Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 7090

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial de estudo de detalle (631/246/2014).

A Xunta de Goberno Local na sesión que tivo lugar o 6 de febreiro de 2015, adoptou o acordo de aprobar inicialmente o estudo de detalle para a ordenación de volumes do Hospital Santa Teresa (Grupo Quirón), situado na rúa Londres, 2, A Zapateira, na Coruña, promovido polo Instituto Policlínico Santa Teresa, S.A.

En cumprimento do artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o estudo de detalle sométese a información pública polo prazo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG ou na prensa local, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas.

A documentación do estudo de detalle pode consultarse no Departamento de Planeamento da Área de Urbanismo (praza de Indalecio Prieto, 1-3) en horario laboral de luns a venres, así como na páxina web do concello www.coruna.es/urbanismo.

A Coruña, 10 de febreiro de 2015

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo