Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 2015 Páx. 7242

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 5 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a denegación de outorgamento do aproveitamento de recurso da sección A) As Queimadas número 353, titularidade de Áridos de Compostela, S.L., da provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a Áridos de Compostela, S.L. con último enderezo coñecido en r/ Marcelo Macías, nº 48, baixo, 32630 Xinzo de Limia (Ourense), como titular, a denegación de outorgamento do aproveitamento de recurso de sección A) As Queimadas nº 353, xa que, intentada polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formular as alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren oportunos na súa defensa, de conformidade co establecido no artigo 84 da citada Lei 30/1992. No suposto de non efectuar alegacións no prazo indicado, procederase á caducidade do expediente.

Ourense, 5 de febreiro de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense