No xuízo verbal 32/2013, seguido por instancia de Baygar, S.L. fronte a María del Mar Pita Trigo e José Luis Mosquera Lemos, se ditou sentenza 138/2014, do 9 de outubro, que en extracto dispón:
– Estimar integramente a demanda interposta por Baygar, S.L.
– Condenar a María del Mar Pita Trigo e a José Luis Mosquera Lemos a satisfacer á demandante a cantidade de 2.000 euros, máis os xuros legais desde a interpelación xudicial e xuros de mora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento, con expresa imposición das custas causadas.
– Modo de impugnación: non cabe ningún recurso (artigo 455.1 da LAC).
E encontrándose os demandados en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.
Vigo, 3 de decembro de 2014
A secretaria xudicial