Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 2015 Páx. 8092

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 585/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 585/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcelino Ríos Sánchez contra Hermanos Seoane, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou auto aclaratorio do teor literal:

Auto.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2015.

Antecedentes de feito.

Primeiro. En data do 29.12.2014 ditouse sentenza na cal, segundo manifestacións do letrado do demandante en escrito con selo de entrada de data 30.12.2014, se cometeu un erro material e se interesa por iso aclaración, emenda e complemento.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 267.1 da Lei orgánica do poder xudicial que «Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que posúan».

Ao anterior precepto debe agregarse o establecido nos artigos 214 e seguintes da Lei de axuizamento civil ao establecer que os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que posúan.

As aclaracións a que se refire o punto anterior poderanse facer de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo, que neste caso será resolta polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.

Pola súa banda, o artigo 215 refírese á emenda e complemento de sentenzas e autos defectuosos ou incompletos establecendo que as omisións ou defectos en que puideren incorrer sentenzas e autos e que for necesario remediar para levar plenamente a efecto as ditas resolucións poderán ser emendadas, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecidos no artigo anterior.

Se se tratase de sentenzas ou autos que tiveren omitido manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e tramitado no proceso, o tribunal, por solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contados desde a notificación da resolución, logo de traslado da dita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas por outros cinco días, ditará auto polo cal resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou que non procede completala.

Se o tribunal advertise en sentenzas ou autos que ditase as omisións a que se refire o punto anterior, poderá, no prazo de cinco días contados desde a data en que se dita, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que tivese acordado.

Non caberá recurso ningún contra os autos en que se completen ou se denegue completar as resolucións a que se refiren os anteriores puntos deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza ou auto a que se referise a solicitude ou a actuación de oficio do tribunal. Os prazos para estes recursos, se foren procedentes, comezarán a computarse desde o día seguinte á notificación do auto que recoñecese ou negase a omisión de pronunciamento e acordase ou denegase remediala.

Doutra parte, non procede acceder á imposición de custas no presente procedemento. A mera non comparecencia do demandado non é razón de temeridade ou mala fe.

Segundo. En aplicación do anterior interesa o letrado do demandante emenda de erro material na decisión, ao recoñecerse en feitos probados (no segundo) como cantidade debida ao demandante, en data 1.9.2014, 9.570,36 euros e na decisión recoñecer a cantidade de 8.934,30 euros.

Efectivamente no feito segundo da demanda dise:

Segundo. A entidade demandada debíalle ao demandante a suma de 9.570,36 euros en data 1 de setembro de 2014 en concepto de salarios coa desagregación seguinte:

– Salarios devindicados e debidos na data de interposición da demanda (10.7.2014, segundo desagregación do feito segundo da demanda):

Ano 2013:

Maio: 560,26 euros.

Xuño: 674,91 euros.

Xullo: 700,57 euros.

Agosto: 697,34 euros.

Setembro: 679,91 euros.

Outubro: 703,81 euros.

Novembro: 676,67 euros.

Decembro: 694,11 euros.

Ano 2014:

Xaneiro: 99,66 euros.

Febreiro: 1.028,84 euros.

Marzo: 757,79 euros.

Abril: 449,41 euros.

Maio: 1.211,02 euros.

– Salarios devindicados e debidos en data 1.9.2009:

Ano 2014:

Xuño: 259,01 euros.

Xullo: 189,64 euros.

Agosto: 187,61 euros.

E na decisión:

Que estimando a demanda interposta por instancia de Marcelino Ríos Sánchez contra a entidade Hermanos Seoane, S.L. e o Fogasa:

– Debo declarar e declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral existente entre o demandante e a demandada.

– Debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado pola demandada con data de efectos o 1.9.2014, con declaración de extinción, así mesmo, da relación laboral polo dito despedimento por non ser realizable a readmisión.

– Debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao traballador a suma de 8.934,30 euros en concepto de salarios debidos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade.

– Debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao traballador a suma de 35.454,92 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual na data da presente resolución.

– Condeno a empresa demanda a que lle aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento (1.9.2014) á data da extinción da relación laboral no día de hoxe (29.12.2014) por razón de 50,38 €/día, o que dá a cantidade de 6.045,60 euros.

– Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Cando en atención ao que resultou probado debería recollerse na decisión:

Que estimando a demanda interposta por instancia de Marcelino Ríos Sánchez contra a entidade Hermanos Seoane, S.L. e o Fogasa:

– Debo declarar e declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral existente entre o demandante e a demandada.

– Debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado pola demandada con data de efectos o 1.9.2014, con declaración de extinción, así mesmo, da relación laboral polo dito despedimento por non ser realizable a readmisión.

– Debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao traballador a suma de 9.570,36 euros en concepto de salarios debidos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade.

– Debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao traballador a suma de 35.454,92 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual na data da presente resolución.

– Condeno a empresa demanda a que lle aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento (1.9.2014) á data da extinción da relación laboral no día de hoxe (29.12.2014) a razón de 50,38 €/día, o que dá a cantidade de 6.045,60 euros.

– Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral aplicación.

Parte dispositiva.

Procede aclarar a sentenza de data 29.12.2014 no sentido seguinte:

Na decisión, onde se sinala:

Que estimando a demanda interposta por instancia de Marcelino Ríos Sánchez contra a entidade Hermanos Seoane, S.L. e o Fogasa:

– Debo declarar e declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral existente entre o demandante e a demandada.

– Debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado pola demandada con data de efectos o 1.9.2014, con declaración de extinción, así mesmo, da relación laboral polo dito despedimento por non ser realizable a readmisión.

– Debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao traballador a suma de 8.934,30 euros en concepto de salarios debidos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade.

– Debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao traballador a suma de 35.454,92 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual na data da presente resolución.

– Condeno a empresa demanda a que lle aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento (1.9.2014) á data da extinción da relación laboral no día de hoxe (29.12.2014) a razón de 50,38 €/día, o que dá a cantidade de 6.045,60 euros.

– Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Debería sinalarse:

Que estimando a demanda interposta por instancia de Marcelino Ríos Sánchez contra a entidade Hermanos Seoane, S.L. e o Fogasa:

– Debo declarar e declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral existente entre o demandante e a demandada.

– Debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado pola demandada con data de efectos o 1.9.2014, con declaración de extinción, así mesmo, da relación laboral polo dito despedimento por non ser realizable a readmisión.

– Debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao traballador a suma de 9.570,36 euros en concepto de salarios debidos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade.

– Debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao traballador a suma de 35.454,92 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual na data da presente resolución.

– Condeno a empresa demanda a que lle aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento (1.9.2014) á data da extinción da relación laboral no día de hoxe (29.12.2014) a razón de 50,38 €/día, o que dá a cantidade de 6.045,60 euros.

– Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.

Así, por esta a miña resolución, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial