Unha vez realizada a actualización de méritos prevista no artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Facer pública a actualización provisional de méritos, con indicación da puntuación total, unha vez incluídos os méritos relativos ao ano 2014, dos integrantes das listas para a cobertura con carácter transitorio de postos de traballo reservados a funcionarios dos corpos e das escalas que se inclúen no anexo I desta resolución e dos integrantes das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal laboral dos grupos e das categorías que se inclúen no anexo II.
Estas listas atópanse á disposición dos interesados no servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de rexistro e información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es/funcion-publica).
Segundo. As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
Xunto coa reclamación achegarase:
– Certificación de servizos prestados na Administración da Xunta de Galicia no mesmo corpo, escala, grupo e categoría. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo III a esta resolución e deberá ser asinada:
– Servizos centrais: polo secretario/a xeral, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal na secretaría xeral da consellería respectiva ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.
– Servizos periféricos: xefes/as territoriais ou funcionario/a responsable da área de persoal dos departamentos territoriais, directores provinciais ou delegados comarcais da consellería ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.
– Certificación de servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Administración da Xunta de Galicia e do Pladiga. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo IV a esta resolución e deberá ser asinada polo/a secretario/a do concello.
Unha vez realizadas as emendas procedentes, daráselles publicidade ás puntuacións definitivas mediante a publicación da oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2015
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)
Grupo |
Corpo/ escala |
Denominación |
A1 |
205G |
Escala de sistemas e tecnoloxía da información |
A1 |
206K |
Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos |
A1 |
206L |
Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas |
A1 |
206M |
Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos |
A1 |
210A |
Escala de inspección urbanística |
A1 |
2060 |
Corpo superior de administración da Xunta de Galicia |
A1 |
2061 |
Escala de arquitectos |
A1 |
2062 |
Escala de enxeñeiros/as de camiños, canles e portos |
A1 |
2063 |
Escala de enxeñeiros/as agrónomos |
A1 |
2064 |
Escala de enxeñeiros/as industriais |
A1 |
2065 |
Escala de enxeñeiros/as de minas |
A1 |
2066 |
Escala de enxeñeiros/as de montes |
A1 |
2067 |
Escala de veterinarios/as |
A1 |
2068 |
Escala de biólogos/as |
A1 |
2069 |
Escala de químicos/as |
A1 |
2072 |
Escala de arqueólogos/as |
A1 |
2080 |
Escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións |
A1 |
2083 |
Escala superior de estatísticos |
A1 |
2086 |
Escala superior de finanzas |
A1 |
2093-01 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en dereito |
A1 |
2093-02 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en procesos de cultivo acuícola |
A1 |
2093-03 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en navegación marítima |
A1 |
2093-04 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en pesca marítima |
A1 |
2093-05 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en inglés marítimo |
A1 |
2093-06 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica |
A1 |
2093-07 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas |
A1 |
2093-08 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en comunicacións |
A1 |
2093-09 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas |
A1 |
2093-10 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en procesos sanitarios |
A1 |
2093-11 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en formación e orientación laboral |
A2 |
205F |
Escala técnica de finanzas |
A2 |
205H |
Escala de xestión de sistemas de informática |
A2 |
206I |
Inspección turística |
A2 |
206N |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos |
A2 |
206P |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas |
A2 |
206Q |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos |
A2 |
206X |
Escala técnica de inspección de consumo |
A2 |
210B |
Escala de subinspección urbanística |
A2 |
2051 |
Corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia |
A2 |
2052 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos forestais |
A2 |
2073 |
Escala de arquitectos/as técnicos |
A2 |
2074 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos de obras públicas |
A2 |
2075 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos industriais |
A2 |
2076 |
Escala de topógrafos/as |
A2 |
2077 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos agrícolas |
A2 |
2079 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos de minas |
A2 |
2085 |
Escala técnica de estatística |
A2 |
2094-01 |
Escala de mestres de taller. Especialidade en servizos subacuáticos e hiperbáricos |
A2 |
2094-02 |
Escala de mestres de taller. Especialidade en máquinas e produción |
A2 |
2094-03 |
Escala de mestres de taller. Especialidade en servizos ao buque |
A2 |
2097 |
Escala de axentes de extensión pesqueira |
C1 |
205I |
Escala técnica auxiliar de informática |
C1 |
2053 |
Corpo administrativo da Xunta de Galicia |
C1 |
207C |
Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia |
C1 |
2081 |
Escala de delineantes |
C2 |
2054 |
Escala de axentes forestais |
C2 |
2059 |
Corpo auxiliar da Xunta de Galicia |
2055 |
Agrupación profesional |
ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)
Grupo |
Categoría |
Denominación |
I |
002 |
Titulado/a superior médico/a, médico/a xeriatra, médico/a CEI, médico/a adxunto/a, médico/a |
I |
004 |
Titulado/a superior |
I |
006 |
Titulado/a superior psicólogo/a |
I |
011 |
Titulado/a superior pedagogo/a |
I |
014 |
Titulado/a superior sociólogo/a |
I |
018 |
Licenciado/a informático/a (antigo/a técnico/a de sistemas e analista titulado/a superior) |
I |
019 |
Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior famacéutico/a |
I |
023 |
Documentalista |
I |
027 |
Coordinador/a de actividades externas |
I |
029 |
Xefe/a departamento persoal e xestión económico-administrativa do IGAEM |
I |
030 |
Relacións públicas do IGAEM |
I |
031 |
Titulado/a superior de formación ocupacional |
I |
032 |
Técnico/a superior en centros de arte |
II |
001 |
Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a Casa da Xuventude. Subdirector/a residencia xuvenil. Preceptor/a residencia. Director/a centro. Xefe/a do servizo administrativo do IGAEM. Secretario/a de residencia. Director/a de cociña de irmandade. Director/a de clínica deportiva |
II |
002 |
ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE |
II |
005 |
Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas |
II |
006 |
Educador/a, profesor/a especial |
II |
007 |
Titulado/a grao medio |
II |
008 |
Director/a de gardaría infantil |
II |
011 |
Fisioterapeuta |
II |
017 |
Asistente social |
II |
020 |
Terapeuta ocupacional |
II |
021 |
Monitor/a ocupacional |
II |
027 |
Técnico/a superior diplomado/a en informática (antigo analista de aplicacións (titulado/a medio) e antigo analista programador/a (titulado/a medio) |
II |
031 |
Restaurador/a |
II |
033 |
Profesor/a de danza clásica |
II |
037 |
Titulado/a medio/a formación ocupacional |
II |
038 |
Perito-xudicial diplomado/a |
II |
040 |
Mestre/a especialista en educación infantil |
III |
002 |
Encargado/a administrativo/a. Xefe/a de negociado. Xefe/a administración. Xefe/a 2ª administración. Administrador/a. Secretario/a-administrador/a residencia xuvenil. Administrador/a de produción de centros. Secretario/a de dirección do IGAEM. Axudante/a de dirección e difusión da música. Axudante/a de dirección e difusión do CDG |
III |
003 |
Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a |
III |
004 |
Gobernante/a, gobernante/a servizos domésticos, encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar |
III |
005 |
Intendente. Encargado/a de establecemento. Encargado/a de almacén |
III |
006 |
Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios |
III |
011 |
Encargado/a agrario/a |
III |
012 |
Mestre/a de taller |
III |
014 |
Xefe/a de cociña |
III |
017 |
Analista de laboratorio |
III |
018 |
Marcador/a de metais preciosos |
III |
023 |
Celador/a de estradas. Capataz de brigada |
III |
030 |
Programador/a |
III |
033 |
Encargado/a supervisor/a de telefónica |
III |
034 |
Especialista de oficios (debuxante) |
III |
036 |
Experto/a audiovisuais |
III |
037 |
Técnico/a de son |
III |
039 |
Rexedor/a de escena |
III |
040 |
Axudante/a de produción |
III |
045 |
Técnico/a de luces |
III |
049 |
Axente auxiliar inspección transportes |
III |
050 |
Técnico/a especialista xardín de infancia |
III |
052 |
Tradutor/a. Intérprete da Adinistración de xustiza |
III |
053 |
Técnico/a en restauración cinematográfica |
III |
060 |
Auxiliar técnico/a de obra. Auxiliar técnico/a obra TIE |
III |
063 |
Oficial 1ª condutor/a, condutor/a 1ª, condutores/as altos cargos, condutor/a mecánico/a |
III |
064 |
Oficial/a 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada |
III |
065 |
Oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro, xefe/a cociña, cociñeiro/a 1ª |
III |
066 |
Axudante taller, adxunto/a taller |
III |
067 |
Capataz de obras. Capataz cuadrilla. Xefe/a equipo. Oficial 1ª obra COTOP. Capataz |
III |
068 |
Oficial 1ª agrario, capataz agrario |
III |
069 |
Oficial servizos técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª oficios varios, oficial de primeira |
III |
078 |
Subgobernante/a |
III |
080 |
Capataz de establecemento |
III |
088 |
Capataz de explotacións marisqueiras |
III |
090 |
Animador/a sociocultural |
III |
091 |
Técnico/a especialista en informática (antigo/a operador/a de ordenadores) |
III |
097 |
Auxiliar de son |
III |
098 |
Auxiliar de luces |
III |
101 |
Proxeccionista |
III |
102 |
Encadernador/a |
III |
103 |
Entrevistador/a-enquisador/a |
III |
104 |
Intérprete de linguaxe de signos |
IV |
001 |
Auxiliar gravación. Oficial/a 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar |
IV |
002 |
Auxiliar mecánico/a. Oficial/a 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras |
IV |
003 |
Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermaría, coidador/a xeriátrico, coidador/a |
IV |
004 |
Auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado |
IV |
005 |
Oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª |
IV |
006 |
Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento |
IV |
007 |
Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación |
IV |
009 |
Oficial 2ª agrario/a |
IV |
011 |
Auxiliar de laboratorio |
IV |
016 |
Condutor/a |
IV |
017 |
Almaceneiro/a, despenseiro/a |
IV |
020 |
Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza) |
IV |
021 |
Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría |
IV |
022 |
Oficial/a 2ª en reprografía |
IV |
023 |
Mestre/a gaiteiro/a |
IV |
024 |
Xastre/a |
IV |
025 |
Cargador/a. Tremoieiro/a |
IV |
028 |
Auxiliar produción-dirección |
IV |
030 |
Auxiliar formación ocupacional |
IV |
031 |
Legoeiro/a |
IV |
034 |
Axudante/a restauración e proxección cinematográfica |
IV |
035 |
Auxiliar de arquivos e bibliotecas |
IV |
036 |
Auxiliar de museos |
IV |
039 |
Auxiliar de autopsia |
V |
001 |
Camareiro/a-limpiador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a |
V |
002 |
Axudante de traballos ou oficios, axudante albanel, peón/oa especializado/a, fontaneiro/a, axudante, hortelá/n, axudante traballos, encargado/a xardín |
V |
003 |
Ordenanza, celador/a, vixilante de oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a, recepcionista, telefonista, sereno, garda, garda xuramentado |
V |
008 |
Peón/oa agrario/a |
V |
009 |
Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais |
V |
10D |
Socorrista |
V |
10E |
Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos |
V |
10F |
Peón/oa forestal |
V |
011 |
Limpador/a, fregador/a, empregado/a comedor, empregado/a cociña-pinche, servizo doméstico. Mozo/a de limpeza, pinche de cociña, persoal de servizos xerais. |
V |
012 |
Peón/oa, laborante, varredor/a, mozo/a servizos, mozo/a laboratorio, mozo/a, pastor/a, xardineiro/a, mozo/a transportes, peón/oa xardineiro/a, EFU, mozo/a mantemento, mozo/a subalterno. |
Grupos e categorías de persoal laboral
dos servizos de prevención e defensa
contra incendios forestais e de persoal do Pladiga
Grupo |
Categoría |
Denominación |
I |
038 |
Técnico superior de defensa contra incendios forestais |
II |
039 |
Técnico forestal de defensa contra incendios forestais |
III |
100 |
Xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais |
IV |
032 |
Operador/a codificador/a de defensa contra incendios forestais |
IV |
033 |
Condutor motobomba de defensa contra incendios forestais |
IV |
037 |
Oficial 2ª mecánico de defensa contra incendios forestais |
V |
10A |
Vixilante móbil de defensa contra incendios forestais |
V |
10B |
Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais |
V |
10C |
Emisorista de defensa contra incendios forestais |
V |
014 |
Peón de defensa contra incendios forestais |
V |
14A |
Peón condutor de defensa contra incendios forestais |