Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8239

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4068/2014-MFV).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4068/2014-MFV

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 621/2013 Xulgado do Social número 1 de Pontevedra

Recorrente: María de los Ángeles Brey Crespo

Graduado social: Manuel Rafael Lema Devesa

Recorridos: Fogasa, Viaxes Tour Estrada, S.L.

Avogado: letrado Fogasa (...)

Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4068/2014 desta sala, seguido por instancia de María de los Ángeles Brey Crespo contra o Fogasa, Viaxes Tour Estrada, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos: que estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da demandante contra a Sentenza de data 21 de marzo de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, en autos 621/2013 e acumulados, revogamos a sentenza contra a cal se recorre, e con estimación da demanda reitora declaramos a extinción da relación laboral que unía os litigantes, no día de hoxe, e condenamos a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 13.410,44 euros en concepto de indemnización. Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Viaxes Tour Estrada, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial