José Lloves Forneiro, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño, dou fe e testemuño que nos autos de divorcio contencioso 211/2014 se ditou resolución cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:
Sentenza.
Xuíz que a dita: xuíz Gómez Bande
Lugar: O Carballiño
Data: dezaoito de decembro de dous mil catorce
Demandante: Saladina Cibeira Arias
Avogada: María Ángeles Bernárdez Varela
Procuradora: Marta Pérez Pousa
Demandado: Arsenio Fernández Porto
Procedemento: divorcio contencioso 211/2014
Obxecto do xuízo: a declaración de divorcio do matrimonio formado polas partes mencionadas.
Decisión:
1º. A disolución por divorcio do matrimonio formado por Saladina Cibeira Arias e Arsenio Fernández Porto, celebrado o día 22.4.1961 nas Neves de Grixoa, inscrito no Rexistro Civil de San Amaro no tomo 14, folio 111, sección 2ª, con todos os efectos legais inherentes a tal pronunciamento.
2º. A disolución do réxime económico matrimonial de gananciais e a revogación de todos os consentimentos e poderes que calquera dos cónxuxes tivese outorgado a favor do outro, cesando a posibilidade de vincular os bens privativos doutro cónxuxe no exercicio da patria potestade doméstica.
3º. Non se fai imposición de custas a ningunha das partes.
Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación. O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).
Conforme a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.
O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banco de Santander, antes Banesto (0030), sucursal do Carballiño (6036) na conta deste expediente 3208 0000 33 0211 14, indicando, no campo «concepto» a indicación «Recurso» seguida do código «02 Civil-apelación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación «recurso» seguida do código «02 Civil-apelación».
No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos desta ou distinta clase, con indicación, neste caso, no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre co formato dd/mm/aaaa.
Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.
A maxistrada xuíza.
O anteriormente transcrito concorda ben e fielmente co seu orixinal, ao cal me remito, e expido o presente edicto co fin de que sirva de notificación en legal forma.
O Carballiño, 5 de febreiro de 2015
O secretario xudicial