Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1261/2012 por instancia de Ángel Martínez Vázquez contra as empresas Aliart Engineering, S.L., a administración concursal de Aliart Engineering, S.L., o Concello da Coruña, a empresa Sermasa e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou sentenza o 27 de xaneiro de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
«Resolución:
Estímase a demanda interposta por Ángel Martínez Vázquez fronte a Aliart Engineering, S.L., Concello da Coruña e Servicios y Materiales, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:
– Condénase o Concello da Coruña e a empresa Servicios y Materiales, S.L. a aboar solidariamente ao demandante a cantidade de catorce mil seiscentos corenta e oito euros con vinte céntimos de euro (14.648,20 euros), devindicando as devanditas cantidades os xuros moratorios previstos no artigo 29.3 do ET.
Notifíquese a resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».
E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Aliart Engineering, S.L. expido e asino a presente.
A Coruña, 5 de febreiro de 2015
A secretaria xudicial