De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado pola xefa territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, 1ª planta (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo, sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Ourense, 12 de febreiro de 2015
Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: PES-OU-110/2014-V.
Interesado: Luis Mariano Belinchón Núñez.
Acto de notificación: proposta de resolución de procedemento sancionador.